Ir al contenido principal

Entradas

Destacados

Social path

Porque non se pode recuperar o pasado, avanzo. Porque todos os pasos que dei son os que me levaron ata aquí, avanzo. Porque incluso se non hai un camiño de cinzas ás miñas costas que amosen o lume que desencadea a miña paixón, sigo avanzando. E o mundo quixo atarme, quixo facerme crer que sempre era demasiado cedo, que agora xa é demasiado tarde. Fíxome crer que había límites que non era capaz de superar, fíxome ter medos que pensaba insuperables. E ás veces a soidade doe un pouco, non vou mentir. Sentir que lle cantas á lúa e que nin sequera ela te oe, que estas palabras quedarán perdidas no infinito para sempre… Pero ó mesmo tempo son palabras que saben a suspiro de noite, que resoan coma un doce segredo que só o mundo e mais eu coñecemos. Talvez o mundo nunca me quixo danar, nunca pretendeu limitarme. Talvez me daba ás, pero eu aínda non sabía voar. Talvez sempre estiven a tempo de aprender. Por iso, non sei moi ben o que é a xuventude nin o que deixa de selo, pero tampouco creo que...

Entradas más recientes

Tan só unha copia

In the end